Dividir gastos de viaxe entre amigos
Nunha viaxe un paga o hotel, outro a gasolina e outro as ceas. Ao volver ninguén se lembra de nada e alguén acaba poñendo de máis.
Gratis, sen publicidade. Tamén funciona dende o navegador: instalar no móbil.
O problema non son os cartos, é lembrarse
Ninguén discute por vinte euros. Discútese porque ao volver xa non hai xeito de reconstruír quen pagou que: o hotel adiantouno un coa súa tarxeta, a gasolina pagouse a medias, dúas ceas puxoas quen levaba efectivo e unha entrada comprouna alguén que nin sequera foi ese día.
As notas do móbil e as follas de cálculo fallan polo mesmo: hai que mantelas. Nunha viaxe ninguén mantén nada.
Como funciona
- Creas o grupo e pos a quen vai. Non fai falta que teñan a app: podes apuntalos ti e xa se unirán.
- Cada gasto cando pasa. Quen o pagou, canto e entre quen se reparte. Se pagastes varios o mesmo gasto, tamén.
- Os saldos calcúlanse ao momento: quen debe e a quen.
- Péchase cos pagamentos mínimos. No canto de que cada un lle pague a cada un, a app busca o camiño máis curto para quedar en paz.
Repartos que non son a partes iguais
Case ningún gasto de viaxe se reparte entre todos por igual. O cuarto dobre é de dous, na cea un non bebeu e tres non entraron no museo. Podes repartir a partes iguais, por porcentaxe, por importes exactos ou escollendo participantes, gasto a gasto.
Cando alguén di que xa cho pagou
Os pagamentos péchanse con dobre confirmación: quen paga márcao e quen cobra confírmao. Mentres non o confirme, o pagamento queda pendente. Non é desconfianza: é que así ninguén ten que lembrarse de nada, e queda rexistrado.
Preguntas frecuentes
É de balde?
Si. Crear grupos, apuntar gastos, ver os saldos e liquidar é gratis e sen publicidade. As funcións Premium (escaneo de tíckets, mapa de sitios, informe e estatísticas, grupos ilimitados) teñen 14 días de proba.
Teñen que instalala todos?
Non. Podes apuntar a alguén sen conta e os seus gastos contan igual. Cando queira entrar, mándaslle a ligazón do convite por WhatsApp.
E se un gasto o pagamos entre varios?
Admítese. Un gasto pode ter varios pagadores, cada un co que puxo, e repartirse de xeito distinto a como se pagou.
Funciona sen conexión?
Si. Os gastos que apuntes sen datos gárdanse no móbil e envíanse sós cando volve a cobertura.
Comeza gratis
Crea o teu primeiro grupo nun minuto. Non fai falta que a instalen todos: podes apuntar a quen non a teña e convidalo despois.
Seguir lendo: Gastos compartidos en parella · Unha alternativa a Splitwise · Portada · Axuda